24/05/17

Hora de ler ... Gordiño Recheo

Hoxe, os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria, rematamos de ler o libro Gordiño Recheo. 
Tivemos a sorte de poder escoitar as narracións das compañeiras de 3º: Shaenia, Noa e Sabela. Léronnos os capítulos 18 "Andrea Macarrón e Angustias Groso en Gran Canaria", 19 "Saleta e Poli, detectives" e 20 "Quería saber se son obeso".
Logo, nós coa axuda da mestra, realizamos unha lectura colectiva e en voz alta dos capítulos 21 "O aniversario de Andrea Macarrón Groso" e 22 " Unha carta reveladora".
Por fin, descubrimos que Zoel é un neno san, saíu do hospital e xa non ten nin hipertensión nin colesterol. 
Agradecemos a colaboración de todos os compañeiros e compañeiras que, unha vez ramatado o libro nas súas aulas, organizaron estupendas e fabulosas sesións de contacontos.
A lectura deste libro foi moi valiosa, pois permitiunos entender que determinadas condutas poden ser prexudiciais para a saúde, valorar a importancia do que un ten e, o máis importante, descubrir a lectura como unha fonte de entretemento e diversión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario