10/05/17

Ovos azuis???

Esta semana, un mestre do cole trouxo media ducia de ovos azuis. Si, si, oístes ben, ovos azuis!!!
Quedamos todos abraiados, nunca viramos tal cousa!!!
Explicáronnos que eran dunhas pitas autóctonas de Arxentina, da raza "Araucana". Comentáronos que estes ovos, aínda que teñen a casca azulada, a clara e a xema son da mesma cor que a doutros. Este alimento de orixe animal, disque é moi saudable polo seu baixo contido en colesterol; debido, principalmente, a alimentación coa que se crían  estas polas. Seica só comen millo, herba e verzas.
Imaxe concursante no IV Certame Fotográfico-Gabriel 4º EP 
Todos amosamos asombro ao descubrir as cualidades nutricionais que posúen. 






Oíronse comentarios como: "mira ti que cousa...!", " estes son os ovos que precisan os avós para baixar o colesterol!" ou "se Gordiño Recheo se alimentara disto, no canto de comer tantas lambonadas...!!!".

Foi unha forma moi entretida de estudar a particularidade dalgúns alimentos de orixe animal!!
Ímoslle dar voltas ao miolo e cavilar que saborosa receita poderemos cociñar con eles....

Ningún comentario:

Publicar un comentario