O venres 16 de xuño, os rapaces e rapazas de 5º de Primaria participamos na última sesión da campaña de formación "Educación Vial" organizada polo Concello de Pontevedra.
![]() |
O obxectivo que prentende acadar esta actividade é formarnos en materia de seguridade viaria, previr os accidentes de tráfico, dar a coñecer situacións de risco, concienciarnos da necesidade de utilizar elementos de seguridade e das consecuencias dos actos irresponsables.
Desprazámonos ao Parque Infantil de Tráfico en Mollabao. Alí, dous axentes da Policía Local déronnos un chaleco reflector e explicáronnos as normas de circulación e o significado das sinais de tráfico que se atopaban no circuíto. Logo, organizaron quendas para realizar prácticas de peón, conductor de bicicleta e karts.
Ao remate, agasalláronnos co chaleco e cunha luz con diferentes posicións para levar na bici, no patinete, no brazo... que serve para que nos vexan cando está pouco iluminado!!!
Foi moi divertido, encantáronnos os karts!!!
| Pincha na imaxe se queres ver todas as fotos |
Javier Vilas e Antonio Blanco 5º




Ningún comentario:
Publicar un comentario