25/10/17

24 de outubro:"Día das Bibliotecas Escolares"

O 24 de outubro, celebramos no colexio o "Día das Bibliotecas Escolares". Lembramos o importante papel das bibliotecas en prol da lectura, da cultura, da cidadanía...

Os encargados de dirixir o acto foron: Yomara, Rocío, Sergio e Pedro de 6º de Primaria; por certo, presentárono fantasticamente!!! 
Comezamos coa presentación do lema deste ano das Bibliotecas Escolares de Galicia, "Aprender a pensar coa biblioteca escolar".
A continuación, expuxeron o tema do PDI do curso, "Meu amigo o robot". Comentáronnos brevemente que imos aprender sobre robótica. Tamén nos adiantaron que os máis cativos van manexar o Bee-Bot, mentres que, os maiores manipularemos o MBOT.
Despois, recordáronnos a mascota da biblioteca "Berberecho Checho" máis a bitácora "O murmurio das palabras" onde publicamos as actividades que se realizan no colexio.
Logo, chegou un dos momentos máis agardados por todos nós, amosáronnos as bibliotecas de aula dos diferentes niveis!!!
Rematamos a celebración coa entrega e posta en marcha das Mochilas Viaxeiras; cheas de material para que gocedes en familia da lectura!!
Pincha AQUÍ se queres ver máis fotos
Coma todos estes anos, agardamos os vosos traballos das Mochilas Viaxeiras. De seguros nos van sorprender!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario