20/10/17

Hora de ler... "El lugar más bonito del mundo"

Os compañeiros e compañeiras de 3º de Primaria, no que vai de curso,  adicamos a sesión “Hora de ler” a traballar o libro “El lugar más bonito del mundo” de Ann Cameron.
O longo destas semanas,  realizamos a estratexia de lectura compartida  que  favoreceu  a nosa intereacción en grupo e  participación. Compartindo libro por parellas, fomos lendo de un en un en voz alta seguindo o mesmo ritmo de lectura. A verdade, é que o fixemos realmente ben, somos uns auténticos campións e campioas!!!
Asemade,  foi unha forma divertida de mellorar a comprensión lectora, vocabulario, confianza en nós mesmos, motivación por colaborar…
En fin, unha actividade coa que gozamos do apoio dos compañeiros e o entusiasmo xeral do grupo lendo.
Por se vos animades a lelo, “El lugar más bonito del mundo”  narra a historia de Juan,  un neno guatemalteco de sete anos. Ao ser abandonado pola súa nai, vai vivir coa súa avoa, tíos e curmáns que son moi pobres. Como necesitan diñeiro, Juan aprende o oficio de limpabotas. Pero quere facer algo máis. Aprende só a ler. E grazas ao seu enorme interese, é aceptado na escola. No amor da súa avoa atopa o lugar máis bonito do mundo.
Xa nos contaredes se vos gustou!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario