17/10/17

"Un máis"...un novo libro de Kalandraka

O vindeiro venres día 20 de outubro, ás 19:00h, na Biblioteca Pública de Pontevedra, será a presentación do novo álbum ilustrado de Olalla González e Marc Taeger, novo libro de Kalandraka, "Un máis". Este álbum narra a historia dunha familia que vai medrar coa chegada dun bebé.

Imaxe de "Un máis"
Para esta presentación, os autores ofrecerán unha sesión de contacontos onde mesturarán a narración coa ilustración e non só de "Un máis", tamén doutros libros dos que son autores. E ao remate, asinarán exemplares!!!
Este é o segundo libro en conxunto destes autores, sendo o primeiro, a adaptación do conto tradicional "Garavanciño". Pero os dous xa teñen obras moi coñecidas por nós, como por exemplo a adaptación do conto que fixo a autora Olalla González de "Chibos, chibóns", que todos coñecemos...



Esperamos que vos animedes, vai ser unha oportunidade para gozar dun Contacontos en familia!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario