07/11/17

Superando barreiras coa ONCE!!!

O luns 6 de novembro, recibimos no colexio a visita de Mariam; unha muller cega que traballa na ONCE (Organización Nacional de Cegos Españois). Amosounos como as persoas con discapacidade visual poden desenvolverse na vida cotiá.
Ensinounos como, cos ollos tapados, podemos recoñecer as cores empregando o sentido do olfato.

Mostrounos como se desprazan, guían  e esquivan os obstáculos utilizando un caxato blanco; movéndose así, autonomamente polas rúas. Asemade, explicounos como lles podemos axudar a moverse se lles falta o bastón, aferrándonos ao seu brazo e conducíndoos con movementos do brazo agarrado (atrás, subir, deter ...).
Tamén aprendimos como len e escriben empregando o sistema de lectura e escritura táctil Braille. Os relevos dos libros outrosí lles permiten recoñecer as formas e estruturas de monumentos, obras de arte...
Rematamos a visita cunha rolda de preguntas!!!
Se queres ver máis fotos pincha AQUÍ
Grazas a Mariam, entendemos polo miúdo como as persoas con discapacidade visual afrontan o seu día a día.
Alumnado 5º de Primaria

Ningún comentario:

Publicar un comentario