30/11/17

Trivial na Biblioteca Pública de Pontevedra

O mércores 29 de novembro, fomos á Biblioteca Pública de Pontevedra os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria. 
Alí, a monitora ensinounos como clasificaban os libros por seccións, a que adicaban cada andel e as cores que utilizaban para etiquetar.
Despois dun breve percorrido pola sala, xogamos ao Trivial. Formamos grupos e tirando un dado iamos avanzando nun taboleiro se sabiamos a resposta a unha pregunta (natureza, deporte,  corpo humán...) que a monitora facía.
Podiamos buscala nos libros do andel correspondente a esa materia.
Pincha na imaxe para ver todas as fotos
Pasámolo moi ben, estamos desexando voltar!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario