05/12/17

Xa familiarizados coa interface de MBLOCK!!!

Unha vez afeitos á interface do MBLOCK, que emprega bloques previamente definidos para dar ordes; demos un paso máis cara á programación. 

Nesta ocasión, divertímonos facendo un pequeno vídeoxogo combinando de forma lóxica os diferentes bloques, segundo o que queriamos acadar.

Nel, un caranguexo tiña que escapar dos polbos e apresar estrelas de mar.
O resultado, como vedes, todo un éxito!!!
Xa vos iremos contando máis novas sobre o noso PDI "Meu amigo o robot"!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario