16/01/18

Dálle á Lingua 2018

Un curso máis, os alumnos e alumnas do CEIP A Carballeira,  participamos na actividade  “Dálle á lingua”. Este é un proxecto de promoción da lingua galega, a través da radio, que emite Onda Cero co patrocinio de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.
O venres pasado fixemos as gravacións. Mentres os maiores narrabamos historias de medo, aventuras, ficción..., os pequenos recitaron un poema. 
Pincha na imaxe para ver todas as fotos
Como queremos compartilo con todos,  informámosvos que serán emitidos nas semanas do 29 de xaneiro ao 2 de febreiro e do 5 de febreiro ao 9 de febreiro. 

Xa sabedes, se queredes escoitar estes interesantes audios, só tedes que conectar coa emisora de radio ONDA CERO, na frecuencia 103.6 da FM, aproximadamente ás 11:50 h. da mañá de luns a venres nos días indicados. Posteriormente poderanse escoitar en diferido na WEB do programa Dálle á Lingua.Ademáis, como novidade, entre todos os rapaces que participamos, sortearán un vale por unha saborosa bica!!!
Quen será o gañador ou gañadora???

Ningún comentario:

Publicar un comentario