11/01/18

"Día do usuario das bibliotecas"

Hoxe, día  11 de xaneiro, celébrase o "Día do usuario e usuaria da Biblioteca", por iso, queremos facer a nosa pequena homenaxe a todos aqueles rapaces e rapazas que utilizan a biblioteca como fonte de coñecementos e fonte de placer.. Iso están a experimentalo os rapaces de 4 e 5 anos do centro que están descubrindo, en colaboración co Equipo da Biblioteca, o  importante e interesante que son os libros nas nosas vidas; por ende, e comezando polo conto "O Monstro das cores", están aprendendo a ser uns bos usuarios e usuarias da Biblioteca, aprendendo a respetar, coidar, escoitar os contos, entender o que nos queren transmitir e, sobre todo, a gozar con eles...
Resultado de imagen de el monstruo de colores


Dende o Equipo da Biblioteca damos as GRAZAS a os usuarios e usuarias dela porque, eles e elas, son o motor do noso traballo, e ver estas experiencias nas aulas anímannos a seguir traballando para que poidades disfrutar dunha boa experiencia na Biblioteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario