16/02/18

Robótica en 2º de Primaria!!

Este venres 16 de febreiro, os nenos e nenas de 2º tivemos unha Primeira toma de contacto coa robótica. Aprendemos a manexar o Robot Mouse e o mBot.

Comezamos co MBot, observamos como presionando diferentes botóns dabamos as ordes de esquivar obstáculos e/ou seguir un percorrido programado .
Após do mBot, afixémonos ao funcionamento do Robot Mouse. Observamos e experimentamos como seleccionar a dirección e o sentido do movemento  sempre condicionados ás teclas que debiamos apertar.  Nun primeiro momento, realizámolo coas tarxetas de apoio, non obstante, ao pouco xa non as necesitabamos.
Comezamos pois, unha nova andaina robótica que repetiremos cada venres tras o recreo.
En breve, empezaremos a programalos nós mesmos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario