27/02/18

Robótica!!!

Este venres, os nenos e nenas de 3º de Primaria, tivemos unha sesión de robótica mooooi divertida!!! Presentáronnos un dos robots cos que imos traballas, o mBot.
Observamos como está programado para non tropezar. Unha vez acendido, cada vez que se achegaba a nós, o sensor de obstáculos facía que cambiara a súa dirección.

Tamén nos amosaron que nós lle podemos dar ordes. Previamente, temos que indicalas co programa mBlock e, mediante un cable USB, que conecta o robot ao ordenador; este execútaas.
Nesta ocasión , fixemos algo sinxelo, cambiar a cor das luces cada certo tempo.
Continuaremos contándovos as nosas experiencias co mundo da robótica!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario