Os rapaces e rapazas de 1º de Primaria estamos traballando na aula os contos clásicos. Entre eles "Blancanieves y los siete enanitos".
Tras a lectura do conto, a mestra tíñanos elaborado un panel con diferentes escenas para traballar co Beebot.
Desde un mesmo punto de partida, ordenamos no tempo as imaxes das diferentes partes da narración; de xeito que, cada un de nós, tiña que programar o robot para chegar ao recadro desexado.
Un a un, fomos movendo o Beebot polo taboleiro dándolle as ordes necesarias para acadar o noso obxectivo.
Tamén aproveitamos a sesión para familiarizarnos na programación do Mouse Robot. Deste xeito, estamos descubrindo o mundo da programación; á vez, desenvolvemos a lóxica, o pensamento crítico e aprendemos a resolver problemas.
E..., colorín colorado, este conto está rematado!
Ningún comentario:
Publicar un comentario