14/03/18

Saboroso mousse de limón!!!

Como terceira sobremesa láctea, elaborada no obradoiro de alimentación, creamos  un sabedor mousse de limón. Ingredientes empregados: 4 iogures naturais, 2 iogures de limón, 1 bote de leite condensada, 1L de leite e 4 limóns.

                                  

Comezamos vertendo  nun recipiente: o leite,  o leite condensado  e os iogures.
Logo, relamos os catro limóns e agregámosllo á mestura xunto co zume. 
Despois, pasamos o batedor á mixtión a máxima velocidade.
A continuación, repartimos o contido en xerras e deixamos arrefriar na neveira. Ao outro día, servímolo ben frío e, como podedes ver ..., non quedou nin uhna pinga!!!
Se queredes practicar máis receitas na casa, non dubidedes en pasar pola biblio e levar en préstamo algún destes exemplares:

Ningún comentario:

Publicar un comentario