10/03/18

"Semana da Prensa"

Esta semana, celebramos no colexio a 30ª Semana da Prensa. Todos os rapaces e rapazas do CEIP A Carballeira achegámonos a este medio de comunicación de masas que emprega a linguaxe escrita para expresarse.
Os máis pequerrechos manipularon o xornal observando e describindo as imaxes das noticias da Primeira Plana e do interior.
Familiarizáronse con este medio de comunicación en formato papel, xa que moitos apuntaron que na casa vían as noticias no teléfono, na tablet ou a través da televisión.
Os maiores aproveitamos o xornal como fonte de formación e información.
Observamos as características da portada: nome, data, edición, prezo, estrutura (foto, pé de foto, titulares ...).
Traballamos as diferentes seccións: noticias...
Deportes...
O tempo...
Actualidade, ocio, televisión...

Traballando a prensa, consolidamos hábitos lectores, melloramos a  capacidade de interpretación e comprensión dunha mensaxe, desenvolvemos o noso sentido crítico e actitudes de respecto ás opinións e actuacións dos demais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario