10/04/18

Froita na escola!!!

"Froita na escola" é unha modalidade do Plan Proxecta que ten por obxecto o fomento do consumo de froita fresca e de tempada entre o alumnado. 
Hoxe, comemos arándanos; froito vermello cun gran aporte nutricional.
Ao longo desta semana e a vindeira, ofreceremos durante o recreo froita fresca a todos aqueles e aquelas que queirades sumarvos a esta campaña de promoción de consumo de alimentos saudables.
Xa sabes, en beneficio da túa saúde e benestar, come froita fresca cada día!!!
 Participa connosco!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario