O martes 24 de abril todo o colexio fomos a Pontevedra, ó Pazo da Cultura, a ver unha obra titulada "A ovella Engracia" .
Estaba baseada nun texto de María Lado, con acompañamento musical en directo (unha batería, un piano e un contrabaixo) por parte do Seminario Permanente de Jazz. Incluíanse cancións e bailes.
A obra trataba da ovella, Engracia, que tiña obsesión coa lúa. Quería vela no alto da noite, e, por iso, escápase do seu valado e vive moitas aventuras.
Nas súas viaxes coñece a unha serpe, a unha osa e a unha luz de cú dos que se fai amiga e aprende historias. Cando regresa ao valado, convértese na primeira ovella contadora de historias.
Nas súas viaxes coñece a unha serpe, a unha osa e a unha luz de cú dos que se fai amiga e aprende historias. Cando regresa ao valado, convértese na primeira ovella contadora de historias.
Pasámolo moi ben!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario