16/04/18

XIX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

O luns, 9 de abril, visitamos o XXI Salón do Libro Infantil e Xuvenil en Pontevedra co lema "Mulleres de conto". Coma sempre, Orbil a mascota, viu recibirnos e nós, encantados.
Logo, repartíronnos en grupos para visitar e participar nas actividades programadas. Todas elas moooi divertidas.
Os nenos e nenas de Educación Infantil participamos nunha sesión de contacontos.
Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria asistimos a unha sesión de contacontos. Narráronnos tres historias e cantamos unha canción.
Os nenos de 3º de Primaria asistimos a unha charla  sobre costumes mexicanas, o conto dunha fábula mexicana e un obradoiro de alimentación, unha sobremesa de alemndara moída. 
Os nenos e nenas de 4º e 6º asistimos a un taller de ilustración dunha ilustradora mexicana, moi ameno e entretido. Debuxamos nun folio rotativo diferentes caras, pregado de maneira que, ao final, acadamos unhas combinacións fabulosas.
Os nenos e nenas de 5º participamos nun coloquio sobre a igualdade da man da escritora Eli Ríos, baseándonos no libro "Marta e a Píntega". 
Despois dos obradoiros  realizamos unha visita guiada polos recunchos do Salón.
Velaquí tedes polo miúdo o itinerario dos nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria ao Salón:


Se queres máis información sobre a visita ao Salón, non dubides consultar os seguintes enlaces aos Blogues de Infantil:

Ningún comentario:

Publicar un comentario