O mércores 16 de maio, como derradeira actividade de conmemoración das Letras Galegas 2018, todos os rapaces e rapazas de Educación Infantil e Primaria realizamos unha xuntanza, guiada e presentada polo profe Tito, na que desenvolvemos diferentes actividades para homenaxear a autora á que se lle dedica este ano, "María Victoria Moreno".
Primeiro visualizamos un vídeo elaborado sobre a escritora coa información recompilada e sintetizada polos compañeiros e compañeiras de 6º de Primaria como traballo de investigación nas aulas ABALAR e E-DIXGAL.
Primeiro visualizamos un vídeo elaborado sobre a escritora coa información recompilada e sintetizada polos compañeiros e compañeiras de 6º de Primaria como traballo de investigación nas aulas ABALAR e E-DIXGAL.
A continuación, entregáronnos cadanseu diploma pola participación no VIII Certame Literario ás diferentes aulas de Infantil e Primaria.
Despois, os participantes no V Certame Fotográfico recibimos un diploma e un agasallo como agradecemento a nosa colaboración.
Logo, visualizamos unha curtametraxe sobre as achegas das nosas familias para o V Certame Fotográfico.
Divertímonos e aprendimos moitísimo sobre Maria Victoria Moreno, unha gran defensora da nosa lingua e a cultura.
Lembrade que, ao longo das vindeiras semanas, continuamos coa exposición de libros da autora na biblioteca. Asemade, os nosos corredores seguirán engalanados coa exposición de murais e traballos elaborados polos diferentes niveis sobre María Victoria Moreno Márquez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario