04/06/18

RUINAS DE SANTO DOMINGO

Os nenos e nenas de 5º e 6º fomos ata as Ruinas de Santo Domingo .
Alí, o monitor contounos dunha forma moi amena a historia da igrexa, quen e cando a construíron, e de cal foi a súa evolución ao longo dos séculos ata que foi considerada "Monumento Histórico".
Despois fixemos un divertido e entretido xogo onde tiñamos que buscar diferentes figuras nos capiteis das columnas.
Gustounos moito a visita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario