Os nenos e nenas do cole foron de visita ó Museo de Pontevedra. Sairon xuntos do colexio pero o chegar ó Museo os separaron por grupos segundo a idade para desfrutar da visita...
Os alumnos e alumnas de Educación Infantil estaban contentos, nerviosos e emocionados por ir cos compañeiros/as no autobús de visita ó Museo
Cando o autobús os deixou preto do Museo, chámoulles a atención as murallas que alí había e a Sala de Restauración.
Ó chegar o Museo estábaos esperarando Alejandra, que lles contou as normas do Museo e o que ían poder ver. E deseguido, comezamos a visita na primeira Sala, onde coñeceron as Obras de Arturo Souto " Máscaras Africanas" e "Obxectos no Espazo". Alí, puideron observarlos e analizalos, ademais de desfrutar deles con música, que estaba relacionada cos cadros e que Alejandra traía na súa Tablet.
A continuación cambiaron de Sala e viron a obra de Leopoldo Nóvoa "Vendedor ambulante en Bos Aires", onde lles explicou como poder ver e analizar os cadros. Asemade, por grupos fixeron un quebracabezas doutro cadro deste pintor.
E fixeron xenial o quebracabezas da obra "Paisaxe mariñeira" que despois poideron ver...
Cambiaron de Sala para coñecer unha obra de Luis Caruncho, onde Alejandra puxo música de novo, para poder escoitar o instrumento que se representaba no cadro e fixeron como si ollaran por unha fechadura para coñecer mellor o cadro...
E ,na última Sala, que visitaron no Museo viron o cadro "Azul sobre azul, nº 27", unha obra monocromática e onde poideron crear os seus propios cadros...
E para rematar esta visita foron ver a maqueta "Serra de Atapuerca" de Playmobil que lles encantou...
Ningún comentario:
Publicar un comentario