28/09/18

Formación usuarios 2018/19

O luns 1 de outubro, abre novamente as súas portas a Biblioteca do colexio. O Berberecho Checho agarda a vosa visita!!!
Porén, organizamos unha xornada de formación lembrando as normas de uso da biblioteca. Velaquí tedes o vídeo que visualizamos para recordalas:


Asemade, cativos e maiores, da man da nosa mascota Berberecho Checho, decatámonos da importancia de respectar as normas.
Tamén recordamos que indican as etiquetas de cores dos libros e onde atopalos.
Lembra, a partir do luns, de seguro que ides gozar da Biblioteca do Checho. Esperámosvos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario