15/11/18

Castañas e xogos populares polo Magosto

Este martes, celebramos o Magosto no colexio. Comezamos o festexo cun obradoiro de Plástica para facer cornetes co debuxo da castañeira, afeites e canastras.
Continuamos cun refrixerio a media mañá, como non, saborosas castañas asadas e rebandas de pan con chourizo.
Rematada a comedela, chegaron os xogos populares: 
Divertímonos moitíiiisimo!!!
Prema AQUÍ para ver todas as fotos

Ningún comentario:

Publicar un comentario