23/11/18

Dálle á lingua

A pasada semana, os alumnos e alumnas do CEIP A Carballeira, participamos na actividade "Dálle á Lingua". Emitido por Onda Cero, co patrocinio de Normalización Linguística do Concello de Pontevedra, é un proxecto de promoción da lingua galega a través da radio.
Dúas nenas de primeiro recitaron un poema de Manuel María: 

Os compañeiros e compañeiras de 3º, 4º e 6º contos de medo:
Nenas de 5º contáronnos como celebramos este ano o magosto no colexio.
Como queremos compartilo con todos e todas, informámosvos que a emisión será dende o luns 26 de novembro ata o venres 7 de decembro, a partir das 11:45 horas.

Podédelo escoitar en directo a través da radio na emisora 103.6 da F.M., ou ben entrando na internet no enlace :

Ningún comentario:

Publicar un comentario