27/11/18

Saída ó teatro

A pasada semana, os nenos/as de terceiro e cuarto de primaria puidemos disfrutar dun entretido concerto didáctico titulado " El mágico planeta de los instrumentos insólitos", no auditorio de Afundación de Pontevedra.

                              
Alí, dous músicos fixeron unha maravillosa viaxe polos ritmos e melodías da música popular española.
Non só fixeron un percorrido pola historia dalgúns instrumentos, coma o violín ou a frauta, senón que tamén amosáronnos como reutilizando podíamos construir os nosos propios instrumentos.
Así, amosáronnos coma unha vasoira podía converterse nunha frauta; unha cadea de ósos non rascador; ou unha serra nun violín.
Pasámolo moi ben acompañándoos coas palmas, coa voz e coa danza en todo aquilo que nos pedían.


Ningún comentario:

Publicar un comentario