A pasada semana tivemos unha actividade na biblioteca do noso colexio sobre a reciclaxe e a compostaxe, gracias á colaboración da Deputación de Pontevedra.
Comezamos cunha charla para os nenos/as de 3º a 6º.
Contáromnos a importancia que ten a compostaxe, porque é unha maneira de aproveitar os restos das comidas para facer alimento ( abono ) para a terra.
Para elo necesitamos residuos orgánicos,material estructurante e microorganismos; temos que poñer unha capa húmida (formada por restos de alimentos) e despois unha capa seca(palla,follas...).
Sabela 5º E.P.
E despois de que os maiores asistiran a esta actividade, os do 1º ciclo realizamos unha actividade chulísima. Aprendemos o funcionamento dos composteiros e a importancia da reciclaxe a través da observación de láminas e dun xogo.
Para poder avanzar tiñamos que respostar a preguntas ou meter obxectos no contedor axeitado ( na bolsa adecuada).
Para rematar, tivemos no ximnasio a actividade práctica de como montalo e onde colocalo.
Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas e maneiras de coidar o medio ambiente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario