O 30 de xaneiro conmemórase o "Día da Paz" e, dende o noso colexio, sumámonos á celebración.
Comezamos engalanando o corredor principal cun colorido mural elaborado con mans de cores e mensaxes de paz no que participamos todo o alumnado.
Os compañeiros e compañeiras de 2º de Primaria, sorprendéronnos cunha fermosa obra de teatro baseada na canción "O lobiño bo" de Paco Ibáñez:
Nas aulas recitamos poemas pola Paz...
Visualizamos o audioconto "Wangari e as árbores da paz"...
Unha morea de actividade que fomentan: inclusión, traballo colaborativo, amizade, solidaridade, convivencia, tolerancia, respecto ...; e que nos lembran que a o día da Paz debemos conmemoralo todos os días do ano.
Se queres ver todas as fotos do "Día da Paz" preme AQUÍ.
Se queres ver todas as fotos do "Día da Paz" preme AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario