Continuamos traballando arreo nos diferentes niveis o fomento da lectura e da escritura a través dos itinerarios lectores seleccionados para cada curso durante a "Hora de ler".
O noso obxectivo, que o alumnado ao finalizar a Etapa de Educación Primaria, logre conseguir, xunto ao resto de competencias, A competencia en comunicación Lingüística.
Sabedores da especial importancia que presentan a lectura e a escritura na consolidación de aprendizajes cada vez máis complexos a medida que promocionamos de nivel, diariamente traballamolas en profundidade de cara a adquisición desta competencia.
Así, a través da lectura compartida dun mesmo título coma "Meu avó o presunto", "Dúas badaladas por máquina", "Cando a Terra esqueceu de xirar", " El misterio de los hijos de Lúa" ou "Papeleo"(libro de lecturas), entre outros moitos, reforzamos tanto a lectura e a comprensión e expresión oral e escrita de diversos textos como a interacción en grupo e a socialización.
En definitiva, desenvolvemos diferentes actividades que teñen un obxectivo común, o uso da linguaxe como instrumento para a comunicación oral e escrita.
A lectura compartida, ademais de motivante, permítenos ler e comentar, ler e pensar sobre o lido, ler e analizar, debater, ser críticos, e sobre todo, gozar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario