30/01/19

Visita do alumnado de 6º de Primaria ao IES Torrente Ballester

O pasado luns 28 de xaneiro, o alumnado de sexto visitamos o IES Torrente Ballester, para coñecer o centro no que moitos estudaremos a próxima etapa educativa.
Fomos convidados polo director que nos guiou por todas as estancias, e mesmo puidemos visitar aulas que nese momento estaban tendo clase.
Estivemos nos laboratorios de física e de química repletos de utensilios para facer experimentos. Na aula de música había alumnos practicando con instrumentos e nos animaron a probar algún de eles. O salón de actos, o ximnasio, a cafetería, a biblioteca... todos espazos enormes e distintos aos que temos nós no noso cole.
A xefa de estudos explicounos como se organizan os cursos e as asignaturas na ESO e en Bacharelato, e respondeu as dúbidas que tiñamos.
A experiencia foi moi positiva xa que o próximo curso estaremos estudando no instituto e vivimos expectantes por descubrir o que nos deparará esta nova etapa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario