02/03/19

Chegou o Entroido, imos de trouleo!!!

Este venres, festexamos o Entroido no colexio. A temátiva elixida baseouse no noso PDI "Meu amigo o robot 2".

Os disfraces cos que nos adobiamos foron "dispositivos móviles e aplicacións", elaborados polas familias do alumnado do CEIP A Carballeira.
Agradecendo a raiola do inverno, desfilamos polo patio do colexio para lucir o noso vestiario...
Após desfilar, degustamos saborosas sobremesas do Entroido (filloas, orellas, biscoitos...) e un sabedeiro chocolate. A comedela, de seguro nos aveceu!!! 
Continuamos de riola todos xuntos participando nos diferentes xogos!!!
Preme AQUÍ para ver todas as fotos deste Entroido 2019
Foi un día inesquecible, grazas a todas e todos os que participástedes na organización e desenvolvemento deste Entroido 2019. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario