O xoves, 11 de abril, visitounos Benxamín, ilustrador contacontos. Ao longo da sesión, amosounos que coa imaxinación podemos facer aínda máis maxia que cos encantamentos.
Preguntounos que encantamentos nos gustaría facer. Falamos dunha manchea de feitizos sobre: profes, deberes, superheroes, cartos, enamoramentos...
Logo, contounos dúas historias relacionadas cos encantamentos elixidos por dous dos nosos compañeiros, Suhayl e Carmen.
Inventou cadansúa historia cómica e fantástica, despois, iustrounos.
Demostrounos que ler e o mellor encantamento para entrar nun mundo imaxinario, que un libro era maxia.
Ángel, Gabriel, Carmen, Yaiza, Nerea 6º Educación Primaria
Esta actividade de animación á lectura e escritura foi cortesía da editorial Anaya.
Ningún comentario:
Publicar un comentario