Continuamos cos itinerarios lectores. Cada curso segue traballano diferentes títulos:
Os compañeiros e compañeiras de 6º de Primaria practican a lectura colectiva, en voz alta, reflexionando e debatendo os diferentes temas e valores tratados en "Palabras de caramelo" de Gonzalo Moure.
Situación do pobo saharaui e incomprensión das discapacidades, son os dous temas principais deste libro que ten como valores: respecto, coñecemento de realidades distintas a nosa, escoita aos maiores e os seus consellos, costumes e respecto por outras culturas, poesía, amizade, superación das limitacións...

O alumnado de 5º de Primaria, está traballando dous títulos simultaneamente: "Fede, quere ser pirata" de Pablo Aranda e " Sete reporteiros e un periódico" de Pilar Lozano Carballo.
"Fede, quere ser pirata" achega valores como: aceptación, a igualdade entre nenos e nenas, amizade, tolerancia, familia... "Sete reporteiros e un xornal", libro adaptado ao sistema de lectura fácil, amosa a importancia de crer nalgo. A forza de vontade e superación de dificultades piares para acadar o que queremos.
Os nenos e nenas de 4º de Primaria, len "Dezasete contos e dous pingüíns", traballando a importancia da diferenza e de ser un mesmo, a curiosidade para comprender o que nos rodea, a ilusión na aprendizaxe, amizade, natureza...
Comezan coa lectura do capítulo na aula en grupo e individualmente elaboran un resumo do mesmo. Despois, no colexio levan a cabo unha posta en común das ideas e reflexións extraídas.
Os alumnos e alumnas de 3º de Primaria, na "Hora de leer" teñen marcado como itinerario lector "Correo urxente" de Paula Carballeira.
Primeiro, realizan a lectura colectiva dun dos capítulos, con Milo o cociñeiro como contador de historias, para logo pasar ao traballo individual do mesmo realizando un resumo e unha ilustración sobre o contido tratado.

Diferentes formas de traballar os itinerarios lectores cun obxectivo común, gozar coa lectura!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario