10/04/19

"O lugar máis bonito do mundo"

Os compañeiros e compañeiras de 3º de Primaria están a traballar arreo os intinerarios lectores. Un dos títulos que leron recientemente foi "El lugar más bonito del mundo" da escritora Ann Cameron.

Tras a lectura, realizaron un fabuloso obradoiro de escritura sobre este libro. Velaquí temos o resultado:

Parabéns, rapaces e rapazas, reflectístedes fantasticamente o interese de Xoán, o protagonista, por ser aceptado na escola.
Unha historia que deixa constancia de que a educación é o verdadeiro motor para conseguir, entre todos, un mundo mellor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario