Este martes 14 de maio, os nenos e nenas de 6º de Infantil, 1º e 2º de Primaria gozamos dunha sesión de contacontos a cargo de "Polo correo do vento", Enrique Mauricio e Carlos Taboada, na que nos salientaron as aportacións de Antón Fraguas, homenaxeado das Letras Galegas 2019, en prol da cultura e lingua galega.
Narráronnos a historia de Peregrina, unha nena que aprendera da súa mestra a cantar e tocar unha morea de instrumentos: pandeireta, tambor, gaita...
A mestra de Peregrina aprendera todas estas cancións no libro "Cancioneiro de Cotobade" onde Antonio Fraguas recompila 992 cancións tradicionais.
A traves da Detective P, coñecemos os diferentes oficios tradicionais galegos: zoqueira, ferreiro, tecedeira, canteiro, carpinteriro... Peregrina, a detective P, xunto cos seus compañeiros, investigaron sobre o labor realizado en cada un destes oficios e loaron o seu esforzo en prol do patrimonio galego.
Logo, continuamos cunha rolda de preguntas e reflexións sobre o traballo que lles supuxo a Polo correo do vento a elaboración do libro exposto: búsqueda de información, coñecemento do autor, busca de vocabulario ...
Rematamos, guiados polo ilustrador, facendo a caricatura do autor homenaxeado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario