09/05/19

Cóntame un conto!!!

Co motivo do Día do Libro, a semana pasada nas aulas de E. Infantil levamos a cabo a actividade máis esperada polos Pequerrech@s do cole, ¨Cóntame un conto". Para eso voltamos solicitar a colaboración das familias que estiveron encantadas de ser contacontos por un día.

Tivemos a sorte de contar con Alfonso, Ana, Sergio, Manuel e Divina para que enchesen de fantasía a aula de infantil cunhas historias marabillosas que tanto gustan aos pequenos.

O luns Alfonso, o pai de Mauro e Fabián, veunos contar “Cornelio” unha que nos serve para transmitir o respecto á diversidade e a diferenza, a capacidade de aprendizaxe, a curiosidade, a perseveranza.
O martes foi Ana, a nai de Evelio, que nos achegou “ El gran, gran, gran dinosaurio”, un libro intelixente, cheo de humor e astucia, que demostra que non é máis forte o que máis forza ten senón o que mellor sabe levar as situacións.
O xoves, Sergio, o pai de Sergio, presentounos “A mellor sopa do mundo”, un precioso conto sobre a importancia da amizade, o traballo en equipo e a colaboración.
O venres Manuel tróuxonos “Amelia ten un can”, unha divertida historia onde unha nena moi espelida consegue que o seu pai vexa o mundo a través dos seus ollos.
E Divina, a nai de Alejandro, rematou con "A casa da mosca chosca", unha divertida historia sobre unha mosca que decide facer unha casa e convidar os animais do bosque.
Moitísimas grazas!

Se queredes máis información sobre esta  actividade premede no enlace ao blog de Educación infatil:

Ningún comentario:

Publicar un comentario