24/06/19

Fin de curso, bo verán!!!

Á espera das vacacións de verán, xa as temos aquí:
Para festexalo, o venres no cole realizamos unhas cantas actividades. Comezamos coa obra de teatro representada marabillosamete polos compañeiros e compañeiras de 2º de Primaria "Por que chora este neno?".
Podedes vela no seguinte vídeo:


Despois da comedela de fin de curso nas aulas, organizamos unha xuntanza para ver fotos e celebrar a graduación do alumnado de 6º de Infantil e 6º de Primaria xunto coas súas familias. 
Comezaron os nenos de Infantil recollendo as súas orlas.
A continuación, recibíronas os rapaces e rapazas de 6º de Primaria. 
Finalizamos a xornada visualizando un vídeo resumo das actividades levadas a cabo nas aulas para desenvolver o noso PDI "Meu amigo o robot 2".
Rematado o curso 2018/19, só nos queda desexarvos un bo verán a todos e todas. Descansade moito, vémonos en setembro.
Aos compañeiros e compañeiras de 6º de Primaria que cambian de etapa, moitísima sorte no instituto e nos vos esquezades de visitarnos de vez en cando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario