Ao longo deste curso, os mestres e mestras do cole realizamos un Plan de Formación de Profesorado no centro “Introdución á robótica educativa e á programación” e creamos o Grupo de traballo “Robótica Educativa”. Iniciativas formativas no ámbito STEM (ciencia-tecnoloxía-enxeñaría-matemáticas) coas que prepararnos para desenvolver o PDI "Meu amigo o robot 2".
Traballamos a programación con Scratch:
Aprendemos a elaborar e desenvolver proxectos cos diferentes elementos de robótica adquiridos para o PDI (tablets, robots LEGO, Midstorm, Bluebot...) e a manexar as diversas apps:
Tentamos introducir cambios metodolóxicos nas nosas dinámicas de aula coa Gamificación formándonos para complementar a adquisición de coñecementos dos alumnos e alumnas dunha forma lúdica e motivadora que primase, fundamentalmente, o traballo en equipo:
Non podemos esquecernos da enorme axuda aportada polo profe Pancho e a súa implicación no desenvolvemento deste Plan de Formación, impartindo persoalmente as sesións de programación e robótica.
Moitas grazas, Pancho!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario