O martes 4 de maio, recibimos no colexio a visita dos bombeiros forestais, a brigada que se encarga de coidar os nosos montes contra o lume.
Foi toda unha sorpresa cando chegamos ao patio e vimos o camión dos bombeiros con cinco brigadistas que nos explicaron en que consiste o seu traballo apagando os lumes e a necesidade do coidado do medio ambiente. Curiosidade, o camión de bombeiros custa máis ca un Ferrari!!!
Ensináronnos os medios que utilizaban para apagar os lumes nos nosos bosques.

Puidemos manexar coas nosas mans as súas ferramentas: mangueira, pas...
Rematamos comprometéndonos a axudar a ser apagalumes. Non tirar cabichas, non prender lume no monte, non facer fogueiras...
Unha morea de consellos para coidar a nosa contorna.
Ningún comentario:
Publicar un comentario