18/10/19

Inscritos na Europe Code Week 2019

A Semana da Programación da UE é unha iniciativa que ten como obxectivo achegar a programación e o alfabetismo dixital dunha forma divertida e interesante.
O noso centro inscribiuse nesta actividade, de xeito que do 5 ao 20 de outubro desenvolveremos nas aulas tarefas de programación coa finalidade de coñecer mellor como funciona a tecnoloxía e desenvolver capacidades e competencias que nos permitan explorar ideas novas e innovar.
Estas semanas manexamos e programamos diferentes robots...
Creamos xogos de programación con Scratch e Mblock...
Unha forma divertida de traballar as competencias STEM

Ningún comentario:

Publicar un comentario