Visitounos Iñigo de la Quadra Salcedo cun planetario móbil, e así convertémonos en viaxeiros espaciais que, partindo dunha praia, viaxamos polo Universo.
Fixemos un percorrido sobre a súa historia e os científicos que destacaron nela. Amosounos o noso Sistema Solar , falounos dos movementos dos planetas, das órbitas, do paso do tempo ( días, meses, estacións ).
Do noso satélite, a Lúa, e as súas fases..., e observamos por primeira vez a súa cara oculta. Abraiamos observando as constelacións...
Foi unha viaxe moi bonita onde aprendimos moitas cousas .
Oxalá volte outro ano!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario