O pasado venres, celebramos o Festival de Nadal 2019 cunha morea de actividades. Comezamos a xornada co "Rastro Solidario: un libro, un alimento" no que unha chea de compañeiros, compañeiras e familias aportaron o seu gran de area con alimentos para os máis necesitados.
A continuación comezou o festival cunha grata novidade, este ano todos os rapaces e rapazas de 6º de Primaria foron os encargados de presentalo.
A primeira actuación, "Bombeiros a Belén", foi realizada polos nenos e nenas de 4º de Infantil.
Seguimos co RAP dos pequenos e pequenas de 5º de Infantil, "Froiteando".
Deseguido, subiron ao escenario os nenos e nenas de 6º de Infantil con "O Pingüín Sadurniño".
Seguidamente, gozamos cos compañeiros de 1º de Primario e o seu "Baile con ritmo".
Continuamos cun divertido baile do alumnado de 2º de Primaria, "O cabalo palante".
Logo, escoitamos a panxoliña "La carta" que rematou coa lectura dos nosos mellores desexos.
Após a panxoliña, gozamos coa actuación dos alumnos e alumnas de 3º de Primaria "Natación Sincronizada".
Despois, todo un cláscico no cole, "Acrosport" realizado polos mozos e mozas de 6º de Primaria.
Posteriormente, os compañeiros e compañeiras de 4º de Primaria deleitáronnos co Dance "Musical chair".
Máis tarde, entretivémonos cunha marabillosa obra de teatro "O carbón dos Reis Magos".
Alén do teatro, os nenos e nenas de 5º de Primaria sorprendéronnos co Baile "Philippine thinikling".
A penúltima actuación foi levada a cabo polos compañeiros e compañeiras de 6º de Primaria, "My first Noel".
A última actuación, "Caminito de Belén", foi unha fermosa canción interpretada por alumnado de diferentes niveis.
Rematado o Festival, somente nos quedaba o momento máis devecido polos nenos e nenas do cole, a visita do Rei Melchor con lambetas e agasallos para todos!!!
Esperamos que gozárades coas actuacións, aviadas con gran ilusión polos nenos, nenas, mestres e mestras.
Bo Nadal 2019!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario