Este curso, o noso centro participa no "Programa Escolar de Consumo de Froitas, Hortalizas e Leite" coa finalidade de fomentar hábitos alimentarios saudables e o coñecemento destes productos entre o noso alumnado.
Pretendemos que os rapaces e rapazas sexan conscientes da mellora da calidade de vida incluindo na dieta diaria estes alimentos.
Informámosvos de que a nosa participación no programa consiste no reparto de froita fresca e leite aos nenos e nenas durante os períodos de lecer no centro co seguinte calendario:
REPARTO DE LEITE
|
|
1º PERÍODO
|
Dende o 15 de xaneiro (20 días lectivos consecutivos)
|
2º PERÍODO
|
Dende o 23 de marzo (20 días lectivos consecutivos)
|
REPARTO DE FROITA
|
|
1º PERÍODO
|
Dende o 27 de xaneiro (10 días lectivos consecutivos)
|
2ºPERÍODO
|
Dende o 11 de maio (10 días lectivos consecutivos)
|
Por certo, sabiades que as castañas que comemos o pasado Magosto formaban parte dos produtos deste programa???
Xa sabedes, durante os recreos das datas sinaladas poderedes consumir froita fresca e leite.
Namentres, podédesvos divertir con "Lucy e a Pandilla Láctea"
Preme AQUÍ para acceder á "Pandilla Láctea" |
Se queredes máis información sobre este programa e as súas características podedes consultar a seguinte ligazón:
Ningún comentario:
Publicar un comentario