O pasado venres 17, recibimos a información necesaria da man do equipo Revitaliza, para por en funcionamento o noso composteiro.
Repasamos a regra dos 3 erres ( reducir, reutilizar e reciclar) e falamos da importancia de seleccionar os residuos do lixo para poder tratalos, e así ser parte activa no proceso de reciclaxe.
Coñecimos tamén a variedade de bichos que particicipan no proceso de compostaxe, a función que realiza cada un deles e a importancia desta variedade para obter un compost óptimo.
Xa estamos preparados para recoller o material de refugallo orgánico que producimos na escola e elaborar o noso propio compost!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario