12/02/20

Obradoiros científico-matemáticos

Os nenos e nenas de 3º de Primaria realizamos un taller de Multiplicación na clase de matemáticas.

En grupos, fomos superando os diferentes retos grazas ao traballo cooperativo.
Ti xa sabes multiplicar? Porque nós si!
Na clase de Ciencias Naturais, fixemos equipos para expoñer a pirámide dos alimentos. Unha forma divertida de repasar a lección!!!


Por outra banda, os compañeiros de 1º de Primaria fixeron un experimento na aula, pode a auga ir cara arriba??? Velaquí tedes a resposta...

Namentres, os compañeiros e compañeiras de 2º de Primaria creamos unha estación meteorolóxica para medir o tempo atmosférico (dirección e velocidade do vento, precipitacións...).
Xa vedes, variados obradoiros para espertar o noso interese polo mundo científico-matemático!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario