21/03/20

#EuQuedoNaCasa

Benqueridos nenos, nenas e familias; propoñémosvos a actividade #EuQuedoNaCasa. Con ela pretendemos que estes días nos que temos que permanecer nas nosas casas sexan máis levadíos para todos e todas. Porén, solicitamos a vosa participación elaborando un cartel, mural, debuxo, collage (a idea plástica que vos apeteza)... co lema #EuQuedoNaCasa e que nos enviedes fotos coas vosas creacións e/ou coas tarefas que estes días realizades en familia nos vosos fogares. Algúns dos vosos compañeiros xa nos enviaron as súas imaxes ao correo da Biblioteca do Checho :
bibliotecadochecho@gmail.com
Esta proposta, iniciárona os compañeiros e compañeiras de Infantil. Se queredes ver as fotos dos máis cativos velaquí tedes o enlace:
Agardamos as vosas achegas!!!
Unha aperta enorme. Sodes uns auténticos campións e campioas!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario