O pasado luns 9 de marzo visitamos, no Pazo da Cultura, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra cuxa exposición, coa temática "O humor", nos permitiu gozar de diferentes e interesantes actividades.
Por unha banda, os nenos e nenas 4º, 5º e 6º de Primaria participamos no obradoiro onde disfrutamos das historias da man do contador Simone Negrín. Foi moi divertido descubrir, con toques de humor, a importancia da comunicación xestual, a linguaxe e expresión corporal na historia e na cultura italiana. Ensinounos a falar o idioma italiano coa peculiaridade de empregar só xestos, sen palabras. Simone axudouse de carautas usadas no teatro italiano pois nun principio o seu teatro non empregaba vocablo algún, unicamente acenos.
Por outro lado, os rapaces e rapazas de 1º, 2º e 3º de Primaria compartimos unha sesión de contacontos a cargo de Pavís Pavos na que disfrutamos de varias historias e contos.
Tamén nos ensinaron un libro moi divertido e ata tivemos un tempo de lecer descansando a repousando a cabeza sobre a barriga do compañeiro, foi moi relaxante e divertido!
Tamén nos ensinaron un libro moi divertido e ata tivemos un tempo de lecer descansando a repousando a cabeza sobre a barriga do compañeiro, foi moi relaxante e divertido!
Por último, os máis cativos do cole, 4º, 5º e 6º de Infantil da man de Raquel Queizás gozamos dos contos: "Artur e Clementina", Rosa caramelo", "Unha feliz catástrofe" e a "Historia dos bonobos con lentes".
Tras rematar estas actividades, percorremos as diversas salas engalanadas para a ocasión: "Caca-culo-pedo-pis", "Rincón das cóxegas", "A incrible historia dos videoxogos", "Italia" (país convidado), "Escarlatina", "Gianni Rodari"...
Non podía faltar a visita as maquetas e diferentes traballos escritos de todos os coles que colaboramos.
O tempo fíxose moi curto pero a experiencia foi fabulosa.
Alumnado 5º Educación Primaria
Ningún comentario:
Publicar un comentario