Ricardo Carvalho Calero é o autor homenaxeado este 17 de maio na celebración do Día das Letras Galegas 2020. A nosa aportación para difundir e realzar a súa figura foi levada a cabo a través de diferentes actividades.
Por unha banda, os mozos e mozas de 5º e 6º de Primaria, coa colaboración de compañeiros e compañeiras de 3º, damos a coñecer a Ricardo Carvalho Calero mediante a gravación dunha entrevista na que salientamos os acontecementos máis importantes da súa vida e obra.
Por outro lado, os rapaces e rapazas de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria, narramos coas nosas propias ilustracións, audios e vídeos, un fragmento da súa obra "As pitas baixo a choiva".
Por último, os nenos e nenas de Infantil, a partir do título "As pitas baixo a choiva" ideamos unha morea de debuxos.
Grazas a todos e todas por participar nestas actividades para dar a coñecer a Ricardo Carvalho Calero, Letras Galegas 2020.
No blogue dos nenos e nenas de Educación Infantil tedes "A galería das palabras fermosas", outra das actividades realizadas para conmemorar as Letras Galegas 2020. Preme no enlace para visualizala:
Ningún comentario:
Publicar un comentario