22/12/20

Festival de Nadal 2020

Ao longo destas últimas semanas, estivemos preparando con moita ilusión o Festival de Nadal 2020. Compartimos convosco todas as actuacións, este é o resultado despois de moooitos ensaios:

"Jerusalema", actividade realizada en Educación Física con todo o alumnado de Infantil e Primaria.

Preme AQUÍ para ver o vídeo


"Dime que fixeches",  canción dos cativos de 4º Educación Infantil.

"Twist de los ratoncitos", baile organizado polos nenos e nenas de 5º de Educación Infantil.

"Os dinosaurios polo Nadal", actuación coa que nos sorprenden os rapaces e rapazas de 6º de Educación Infantil.

"El festín de Navidad", obra representada polos mozos e mozas de 1º de Primaria.

"Aruru rurururu", divertida actuación do alumnado de 2º de Primaria.

"Metido nun ovo", fantástica interpretación dos nenos e nenas de 3º Primaria.

"Jingle bells", fabulosa actuación do alumnado de 4º de Primaria.

Panxoliña "Obladi-Oblada" interpretada polos compañeiros e compañeiras de 5º Educación Primaria.

Poema "A luz do Nadal", recitado polos rapaces e rapazas 5º Primaria.

"Danza de reis", sorprendente actuación das alumnas de 6º de Primaria.

Agardamos que pasarades un agradable rato connosco. 

Bo Nadal 2020 e Feliz 2021!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario