29/01/21

"Guernica pola Paz", Pablo Picasso

Co gallo da celebración do Día da Paz, o 30 de xaneiro,  as nenas e nenos do CEIP  A Carballeira, quixemos facer unha homenaxe á famosa obra de Pablo Picasso, “Guernica”.
Aínda que actualmente son varias as interpretacións que se barallan sobre o significado do famoso cadro, nós quixemos facer a nosa propia visión da obra  a partires da utilización de outras  cores, de diferentes técnicas empregadas, da diversa utilización do espazo e  dos oito esquemas gráficos seleccionados.


Cada aula levou a cabo a súa propia interpretación do Guernica  partindo da observación, análise e valoración da obra orixinal, para poder iniciar, a continuación, o seu propio proceso de reelaboración.
O Guernica  de Picasso fai fincapé na brutalidade, na violencia, na escuridade. Destaca por riba de calquera outra emoción o sufrimento, a dor. As figuras expresan medo, angustia, terror.
Nós tentamos expresar todas esas emocións negativas, propias das guerras,  dende unha mirada chea de esperanza e de paz.  Porque nós apostamos pola paz. Nós confiamos na posibilidade de conseguir entre todos un mundo mellor, máis xusto, máis equitativo, máis humano.  As nenas e nenos son quen de conseguilo. Eles son o futuro, e nós, os adultos, temos a obriga de marcarlle o camiño. Outro mundo é posible. 
Agradecemos especialmente o traballo desenvolto nesta actividade pola profe Begoña, guiando, informando, asesorando e coordinando a todos os niveis de Infantil e Primaria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario